inicio

HORARIO :
 luns a venres:
09:00 a 21:00 h.
Sábado:
10:00 a 14:00

NOVEMBRO: Desparasitacion interna GRATIS ao comprar a externa trimestral

 En novembro, DESPARASITACIÓN INTERNA GRATIS pola compra da externa trimestral en can cat.⁣

⁣⁣

A desparasitación da túa mascota  , tanto interna como externa, é primordial por dúas razóns.⁣

A primeira, pola propia saúde do animal . Ademais de molestos, os parasitos     transmiten enfermidades graves poñendo en risco a súa saúde .⁣

A segunda porque, de non haber unha prevención adecuada e unha desparasitación completa durante os 12 meses do ano, ao estar en constante contacto con nós poderían contaxiarnos  . O mesmo ocorre se están en contacto con outros animais, poden tamén contaxialos a eles  .⁣

Chámanos agora e reserva o teu pack en can cat  981 59 69 47.⁣


⁣⁣⁣⁣⁣




visita virtual 360º

servizos

A túa mascota é un mais da familia

cat cat
clínica felina

En cat cat somos conscientes da necesidade dunha clínica específica para gatos que respecta as necesidades da especie felina e as dos seus propietarios.

vacinas
microchip
desparasitacións

Plan de vacinación individualizado segundo o protocolo europeo.
Procedementos de identificación e microchip.
Plan de desparasitación interna e externa adaptado a cada paciente.

laboratorio

En can cat temos métodos de laboratorio rápidos e fiables para un diagnóstico precoz en poucos minutos

medicina interna

Un equipo veterinario con diferentes especialidades que se complementa para resolver cada caso individualmente.
Asistencia e participación en numerosos seminarios, talleres, cursos e congresos.

urxencias

temos un horario moi amplo de atención ao cliente, aínda así, se ten unha emerxencia nocturna, festiva ou domingo, non dubide en contactarnos no noso móbil.
urxencias chama

consello nutricional
tenda especializada

Cosméticos, camas, colares, arneses, alimentación, fontes, rascadores, bolsas, transporte, xoguetes, roupa, cepillos ...

síndrome braquicéfalas

A cirurxía correccional con bisturí láser de CO2 en razas como Bulldog, Carlino, ... debe facerse ó redor dun ano de idade.
Recomendamos aproveitar o tempo anestésico para o seu estudo endoscópico.

oncoloxía

As distintas especialidades do equipo veterinario de can cat (diagnóstico, cirurxía con láser, quimioterapia, terapia metronómica ...) complementanse como mecanismo perfecto para resolver cada caso oncolóxico.

cirurxía con láser sen sangrado

Desde hai anos traballamos con láser CO2, que permite obter marxes de enfermidade, sangrado mínimo, mellor proceso de curación e recuperación rápida postoperatoria.

radioloxía dixital

Sistema de radioloxía dixital con máis resolución e rápido procesamento do mercado. Sakura Konika Minolta Regius.
As vantaxes para o paciente son menos radiacións e rapidez de diagnóstico.

ecografía
ecocardiografía

A ecografía doppler color é unha ferramenta indispensable para o diagnóstico e prevención de enfermidades.

estancias prolongadas

Pode descansar tranquilo sabendo que o seu can ou gato está en can cat ou cat cat.
Nas nosas instalacións creamos un ambiente familiar e con todo o coidado que precisan.

tratamento con células madre

As células madre con efectos antiinflamatorios e inmunomoduladores úsanse en tratamentos para osteoartrose, insuficiencia renal ...

prácticas de formación
charlas para os propietarios
comunicación en prensa
vídeos informativos

Colaboramos coa Universidade para que os estudantes e veterinarios poidan completar a súa formación; tamén con diferentes academias que solicitan que os seus alumnos de ATV poidan facer as súas prácticas.
Damos charlas educativas para os propietarios das nosas instalacións.
Colaboramos con diferentes medios de comunicación e actuamos en redes sociais (Facebook, Instagram, YouTube) para desterrar mitos erróneos e dar información contrastada sobre a saúde, a educación e o coidado dos nosos animais.

adopción e colaboración con protectoras

A nosa tendencia é clara e unánime cara á adopción.
As nosas portas están sempre abertas para colaborar coas asociacións de protección animal.

endoscopia
laparoscopia

Diagnóstico de problemas respiratorios e dixestivos e solución de obstrucións por corpos estranos.
Cirurxía de mínima invasión.
Exploración, diagnóstico e proposición de tratamento médico cirúrxico no Síndrome Braquicefálico con cirurxía láser de CO2.

traumatoloxía

Prevención, diagnóstico, asesoramento, tratamento e resolución cirúrxica de problemas óseos e articulares.
Especialista en Ortopedia, Traumatoloxía e Artroscopia.

control da displasia

Ofrecemos un plan preventivo para controlar a incongruencia articular nas razas predispostas. Diagnóstico precoz. Radiografías oficiais. Tratamento médico. Cirurxía ortopédica.

plans de saúde

Todo o equipo de can cat traballou para deseñar plans de saúde preventiva para que o seu can poida gozar duns servizos veterinarios que aseguren a desparasitación, a vacinación, os exames médicos e os coidados de enfermidade completos a un prezo especial.

Daralle a tranquilidade de que poidamos evitar enfermidades, que poden empeorar se non as detectemos a tempo, e que a súa familia estará protexida.

Cos plans de saúde, en can cat, podemos prolongar anos de vida e de mellor calidade para moitos cans.
Share by: